Queridas familias!
A principio do mes de novembro, chegou as vosas casas, unha pequena enquisa, onde
solicitábamos a vosa opinión sobre a creación dunha pequena ESCOLA DE PAIS no
colexio.
Animámosvos a cubrila e darnos a
vosa opinión.
Unha Escola de Pais é un lugar de encontro onde reflexionar, debater,
escoitar, aprender, e compartir experiencias.
Son tantos os temas a tratar, que por iso solicitamos a vosa opinión.
Estariades dispostos a participar?
Que temas vos preocupan ou interesan?
No caso de ser do voso interese, o Departamento de Orientación e a
Dirección do Centro iniciaríamos a súa
posta en marcha.
É una tarefa difícil buscar un horario que sexa axeitado para todos, así como buscar expertos
que sexan de voso interese.
Son tantos, os posibles temas a
tratar, que por iso, solicitámosvos nos fagades partícipes das vosas
inquedanzas.
- Primeiros
auxilios
- Respiros
familiares: Experiencias de familias participantes
- A
sexualidade no mundo da discapacidade.
- Autismo:
como contactar co meu fillo/a
- Dietas
e alimentación
- Opcións
o remate da escolarización
- Lei
de dependencia
- Cuestións
legais: incapacitacións, herdanzas,...
- Medicacións
e os seus efectos secundarios
- Sistemas
de comunicación
- As
enfermidades raras
- Xoguetes
e materias adaptados
- Coidados
e estimulación en nenos/as con PC
- Apoios
socio-sanitarios
·
........................................
Animádevos a participar !.
Podedes descargar a enquisa aquí!