martes, 28 de febrero de 2012

Entroido II

O Mércores 15 de febreiro os rapaces maiores do noso centro foron á discoteca do Hotel Scala en Padrón, acompañados dun bó número de mestres e coidadoras. Alí pasárono en grande bailando e tomando uns refrescos. Estas fotos dan boa conta do ben que o pasaron!:

















E xa para rematar o día, os mestres Modesto e María, organizaron unha sesión de contacontos dirixida aos nenos que quedaron no centro.






* Pinchando enriba das fotos, poderedes velas máis grandes.

lunes, 27 de febrero de 2012

O Meco (Entroido I)

¿Non vos parece que cos tempos que corren o Meco do cole foi moi axeitado?

jueves, 23 de febrero de 2012

Día Escolar da Paz

Como cada 30 de Xaneiro, e coincidindo co aniversario da morte de Mahatma Gandhi, celébrase nos colexios o Día Escolar da Paz e a non violencia. O seu obxectivo é a educación  para a tolerancia, a solidaridade, a concordia, os Dereitos Humáns e a Paz.

Como non podía ser doutro xeito, no noso colexio celebramo-lo día con diversas actividades:

-Decoramos a entrada do noso centro cun precioso mural realizado polos rapaces máis maiores:



-Ó longo da mañá, tivemos sesións de contos a cargo da nosa contacontos de cabeceira, a mestra María, que contou tres contos preciosos relacionados coa Paz.






-Despois do recreo, e aproveitando o bo día que facía, todo o colexio reuniuse no patio para soltar as pombas mensaxeiras, que levaban nos aneis das súas patas mensaxes de paz que chegaron ata Narón.




-Empregando o mural que fixeron os nosos rapaces, estampamos as nosas mans pintadas de cor branca. Ademáis, aproveitando a ocasión tamén collemos pancartas nas que reflexamos distintos sinais de paz.






-A continuación, dirixímonos ao salón de actos para facer unha sesión de contacontos relacionada có día da paz. Aproveitando os medios audiovisuais, os nosos nenos pasárono en grande bailando, cantando e desfrutando coa lectura de distintos contos.







E recordade que, como ben dicía Jimi Hendrix: "Cando o poder do amor sexa máis grande que o amor ao poder, o mundo coñecerá a paz".

* Se pinchades enriba das fotos, poderedes velas máis grandes

martes, 14 de febrero de 2012

O noso soño de Nadal...



Aquí vos deixamos coa presentación en power point pola que o noso centro recibiu o 3º premio compartido, no concurso de presentacións electrónicas de nadal, convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.


Dende o CEE A Barcia estamos moi ilusionados con este premio, aínda que a nosa ledicia é maior ao contemplar o recoñecemento ao traballo dos nosos nenos. Este premio é obra deles!.

jueves, 2 de febrero de 2012

Menú Febreiro

Aquí vos deixamos o menú correspondente ó mes de Febreiro:


 CURSO 2011-2012


DÍA
BOCADILLO DA MAÑÁ
COMIDA DO MEDIODÍA
1
BOCADILLO  DE PEITUGA DE PAVO OU FROITA (1)
ESPINACAS CON BECHAMEL
MELVA Á GALEGA /IOGUR
2
BOCADILLO DE XAMÓN COCIDO OU FROITA (1)
CREMA DE CENORIA, PORRO, PATACA
POLO CON GORNICIÓN/ PLÁTANO
3
BOCADILLO DE QUEIXO OU FROITA (1)
SOPA DE TAPIOCA
LURAS FRITAS CON   ENSALADA DE TOMATE/PERA
6
BOCADILLO DE CHOCOLATE OU FROITA (1)
ENSALADA DE ESPÁRRAGOS
PASTEL DE CARNE/MANDARINA
7
BOCADILLO DE CHOURIZO OU FROITA (1)
FABAS CON ARROZ/PEIXE ESPADA CON ENSALADA/IOGUR
8
BOCADILLO DE XAMÓN COCIDO OU FROITA (1)
SOPA DE CUSCÚS
POLO FRITO CON PURÉ DE PATACA E GORNICIÓN/PLÁTANO
9
BOCADILLO DE PEITUGA DE PAVO OU FROITA (1)
CALDO GALEGO/ LOMBOS DE PESCADA CON CHAMPIÑÓNS
QUEIXO GALEGO FRESCO CON MARMELO
10
BOCADILLO DE QUEIXO OU FROITA (1)
COLIFLOR CON BECHEMEL/PASTA CON ATÚN/ KIWI
13
BOCADILLO DE CHOCOLATE  OU FROITA (1)
ENSALADA MIXTA/ TENREIRA CON FIDEOS E SALSA DE TOMATE
PEXEGO EN XÁROPE
14
BOCADILLO DE SALCHICHÓN  OU FROITA (1)
POTAXE DE ACELGAS
CROQUETAS CON ENSALADA DE TOMATE /MANDARINA
15
BOCADILLO DE PEITUGA DE PAVO OU FROITA (1)
CREMA DE VERDURAS/FIDEOS CON XIBA/IOGUR
16
BOCADILLO DE CHOURIZO OU FROITA (1)
COLIFLOR CON RUSTRIDO
RAXO Á LARANXA CON PATACAS FRITAS/PERA
17
BOCADILLO DE QUEIXO OU FROITA (1)
LACON CON GRELOS
ORELLAS / FILLOAS

FESTAS DO ENTROIDO
23
BOCADILLO DE PEITUGA DE PAVO OU FROITA
SOPA DE PASTA
FILETE DE TENREIRA CON PATACAS FRITAS/KIWI
24
BOCADILLO DE QUEIXO OU FROITA
ENSALADILLA RUSA
ESPAGUETES Á BOLOÑESA/MANDARINA
27
BOCADILLO DE CHOCOLATE OU FROITA
CALDO VERDE/TENREIRA CON ARROZ BRANCO/MANDARINA
28
BOCADILLO DE CHOURIZO OU FROITA
LENTELLAS GUISADAS
CROQUETAS CON ENSALADA DE LEITUGA/KIWI
29
BOCADILLO DE PEITUGA DE PAVO OU FROITA
ESPINACAS CON BECHEMEL
MELVA Á GALEGA/IOGUR


(1) Toman froita a media mañá, en lugar de bocadillo, aqueles nenos que teñen tendencia ó sobrepeso. Merendarán os alumnos/as que xantan na segunda quenda do comedor ás 15h.